Sobre nósSaber máis
Moita xente miúda en lugares pequenos facendo cousas pequenas pode cambiar o mundo
Somos un colectivo audiovisual sen ánimo de lucro centrados na elaboración de proxectos documentais que contribúan á divulgación dos conflitos sociais da nosa contorna, á difusión do noso patrimonio cultural, material e inmaterial, e á defensa do medio en que vivimos.
Cremos que o propósito da comunicación social debe ser transformar o mundo e contribuír ao cambio cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria. Buscamos ser un altofalante da cidadanía invisible do país que precisa verse dignificada e e ser parte activa desta sociedade.


“O verdadeiro heroísmo consiste en trocar os anceios en realidades, as ideas en feitos.”
Castelao

“Non sería estraño que en Marte houbera civilización, pero se cadra chegou o capitalismo e rematou co planeta.”
Hugo Chavez

“A idea de dirixir unha película é un invento dos críticos: toda a elocuencia do cine acádase na sala de montaxe.”
Orson Welles